miércoles, 16 de noviembre de 2011
A VISITA DO SAPO CAMUFLA...
O día 14 de novembro Manuel trouxo un sapo á clase chamado Camufla. O sapo Camufla encontrávase moi a gusto porque estaba nun ambiente apropiado para el. O sapo vivía nun ambiente de follas secas e follaxe. Segundo o tipo de follas que lle puxeras cambiaba de tono de marrón. O sapo necesitaba humidade para mollar a súa pel, pero tampouco moita. O sapo levaba tres días dentro do seu viveiro e xa estaba bastante impaciente e había que soltalo.
Como vedes , no centro do viveiro se lle ve a cara, ao redor hai follas de Arce Platanoides o seu hábitat.
Redactado por Manuel L.G. e Lucía D.H.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario