jueves, 17 de noviembre de 2011

DISFRUTANDO COS SENTIDOS...



O martes día 15 viñeron  ao noso cole cinco nais dos nosos compañeiros: Cristina, Rosa, Alba, Ramona e Cris.

Primeiro estaba Rosa,dona gusto,tiña uns botes cos cinco sabores básicos. Había que meter o dedo e adiviñar que era,dulce,salgado,umami,ácido e amargo. Tamén nos dixo que en un día gastabamos dous litros de saliva.

Logo estaba Cristina,dona oído,tiña unha caixa con unha radio, e nós escoitábamos por uns tubos e tiñamos que adiviñar o que era.

Despois vimos o tímpano do profe, que era como unha boliña branca e un pouco laranxa.

Logo estaba Ramona,dona tacto,que tiña dúas caixas que tiñan moitas cousas dentro e nos tiñamos que acertar o que había dentro.

Despois estaba Cris,dona vista,que nos enseñou como a pupila encollía.Tamén vimos unhas figuras que parecía que se movían,pero en realidade eran ilusións ópticas.

Logo estaba Alba,dona olfato,tiña uns tubos e dentro había gominolas,laranxa,café...E tiñamos que adiviñar o que era.

Por todo isto dímoslle un aplauso moi grande e volvimos para clase.

Redactado por Lucía D.H. e Noelia F.Y.

No hay comentarios:

Publicar un comentario