domingo, 5 de agosto de 2012
SAÚDOS…
Saúdos rapaces e rapazas!!! Como vai ese verán? Que tal de vacacións? A verdade é que teño algunhas noticias… Con máis de un coincidín na praia. Estiven con algún rapaz que estaba enterrado ata a cabeza… Con outros estiven moi preto na praia, case que na mesma toalla… Recibín noticias dalgunha rapaza que aprobou un duro exame de inglés… Tamén de quen estivo de cumple nas vacacións e recibiu de agasallo un equipo de buceo… Eu estiven fóra algún tempo. Primeiro estiven facendo o Camiño de Santiago e despois disfrutando das praias de Nigrán. Por iso non se actualizaba o blogue… Se queres informar aos teus compañeiros das túas vacacións, envíame unha noticia (ben escrita!!) e subirémola coma unha nova entrada… Non esquezades descansar e disfrutar das vacacións. Abrazos. Óscar. terceiro.de.primaria@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario