lunes, 23 de abril de 2012

REVELIÓN DA LECTURA…

Medio millar de persoas instan en Gondomar á "rebelión da lectura por unha sociedade máis capaz"
"Onde hai libros, hai futuro. Esta é a nosa revolución, a revolución da cidadanía. Únete á rebelión da lectura". Con esta mensaxe pecharon onte en Gondomar o seu manifiesto en favor da lectura a actriz Paula Carballeira e a periodista Araceli Gonda. Un discurso esperanzador en momentos de crise económica coma o actual, que recordou que "a lectura é un referente de bienestar social" e que "unha sociedade so poderá ser avanzada se é lectora" ante máis de cincocentas persoas que se uniron á sentada organizada pola asociación Espazo Lectura para pór o broche á súa Semana dá Lectura.
Os participantes acudiron cos seus libros á praza e leron xuntos, gozaron da actuación do grupo Migallas, aplaudiron o manifesto, desafiaron ata á choiva que lles acompañou durante uns minutos e despedíronse coa música tradicional do coro Cantares do Brión. E o máis importante, concienciáronse da "necesidade de reiniciar o mundo, de resetearlo" e de que "só é posible facelo desde a palabra, desde a lectura".
2012-04-23_IMG_2012-04-23_01_06_24_sc3
Fonte: Faro de Vigo (23 abril de 2012)


No hay comentarios:

Publicar un comentario